O BNG presenta moción para regular os plenos da Entidade Menor de Camposancos

O BNG presenta moción para regular os plenos da Entidade Menor de Camposancos

“Merchi Martínez: Camposancos ten dereito a saber cando se celebran os seus plenos, trátase de achegar a institución ao pobo”

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para ao estabelecemento dun calendario de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos.

O BNG lembra que o pleno é un dos órganos de funcionamento da Entidade Local Menor; é o momento, o lugar onde os representantes dos veciños e veciñas tratan todos aqueles asuntos, situacións ou problemáticas que afectan ao pobo de Camposancos.

Merchi Martínez, concelleira do BNG

Dende o BNG vemos como non existe ningún tipo de criterio que rexa a celebración dos plenos desta entidade, chegando a haber unha descoordinación entre a Entidade Menor de Camposancos e o Concello da Guarda facendo coincidir os plenos. Os nacionalistas sinalan que ámbalas dúas entidades están gobernadas polo PSOE.

“Trátase facer unha institución máis aberta para os veciños e veciñas, sen limitar a participación na vida política de Camposancos e da Guarda, queremos que calquera poida explicar os seus problemas directamente no pleno” comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade Menor de Camposancos.

Segundo a formación nacionalista é difícil de entender que a estas alturas a Entidade Menor de Camposancos non ten un regulamento de funcionamento, deixando á improvisación do alcalde pedáneo de turno.

Asemade, o BNG propón regular tanto os períodos de celebración de plenos, o número de plenos , así como a estrutura de funcionamento, quendas de intervención, a posibilidade de que veciños e veciñas tamén poidan intervir para amosar os seus problemas.

O BNG presenta moción para regular os plenos da Entidade Menor de Camposancos