O BNG insta ao goberno da Guarda a realizar unha recollida de lixo para toda a veciñanza

Contedores de lixo na rúa Fontiña
Contedores de lixo na rúa Fontiña
O BNG insta ao goberno da Guarda a realizar unha recollida de lixo para toda a veciñanza

“O BNG considera incomprensíbel a falta de planificación na recollida do lixo nunha época como o Nadal”

Ángel Baz, portavoz municipal do BNg na Guarda

O BNG denuncia que esta fin de semana volvemos a ter que soportar novamente imaxes sobre a deficiencia na recollida do lixo na Guarda: contedores de lixo desbordados, restos acumulados nos arredores dos contedores, cheiros insoportábeis, ...

Non se trata de evidenciar as limitacións do servizo de recollida na zona turística da vila en plena tempada alta. Dende o día 24 de decembro veciños e veciñas do “Muño”, transversal Fontiña ou na parroquia de Salcidos, ... zonas sen alta densidade de poboación que xere grandes cantidades de lixo, tiveron que soportar cheiros e a falta de hixiene que provocan uns contedores desbordados pola falta de servizo de recollida de lixo durante 3 días.

 

Estamos ante as consecuencias da política continuísta do goberno do PSOE

“Este é un dos motivos polos que o BNG veuse na obriga de votar en contra duns orzamentos nos que non contempla solventar este tipo de situacións”, afirma Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, en referencia á reposición das prazas vacantes dos operarios municipais, entre elas unha de recollida de lixo, que non van contempladas nos orzamentos para o 2.016.

Para o BNG esta situación fai que sexan os veciños e e veciñas da Guarda os primeiros en padecer unha xestión falta de eficacia que se vai dilatando no tempo mentres o goberno municipal de Antonio Lomba non admite erros e non afronta os cambios oportunos.

[gallery columns="2" ids="545,544,543,542"]