O BNG denuncia o estado de abandono de Camposancos

O BNG denuncia o estado de abandono de Camposancos

“O BNG insta ao presidente da ELM a que se poña a traballar para mellorar a limpeza de Camposancos”

Merchi Vázquez, vogal do BNG na Entidade Local de Camposancos

O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel o estado de limpeza e conservación de diferentes puntos de Camposancos.

Temos zonas como a do paseo pola beira do río Miño con valados caídos, pisos das pasarelas rotos, escaleiras de aceso a praia do muíño con grandes buratos, saídas de tubaxes que reciben a auga da chuvia á vista, facendo auténticas canteiras na area, sendo o estado da praia deplorábel.

Mais o BNG asegura que o resto de Camposancos tamén hai deficiencias como a “auténtica selva” na que se ten transformado o parque do Palomar pola falta de mantemento. Tamén habería que engadir a rotonda que hai detrás do colexio dos Xesuítas, no que as herbas apenas deixan ver as sinalizacións de tráfico.

Outros puntos son a subida ás Torres, rúa Outeiro, onde hai varios treitos a piques de afundir, chamando a atención que esta zona fixéronse obras de mellora do firme, trala aprobación dunha moción do BNG, hai pouco tempo: o que non é comprensíbel é que despois de ter presentados escritos e reclamacións nos plenos tanto o Concello da Guarda como o Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos non esixen a empresa a garantía de obras e que realice unha reparación en condicións do firme.

“As camposinas e camposinos merecemos un mellor trato que o que nos está a dar tanto o presidente da Entidade como o Alcalde da Guarda, os dous do PSOE. A limpeza e decoro de Camposancos debe ser constante e non unha vez ao ano para xustificase”, comentou Merchi Martínez, Vogal do Bng na Entidade Local Menor de Camposancos.

Dende o BNG instamos ao Presidente da Entidade Local Menor e ao Concello da Guarda que se poñan a traballar e tomen as medidas oportunas para solucionar o estado de abandono ao que teñen sometido a Camposancos.

O BNG denuncia o estado de abandono de Camposancos