O BNG denuncia o desinterese do goberno municipal da Guarda polo estado das ramplas da Armona

Foto do estado dunha das ramplas de acceso na Armona
O BNG denuncia o desinterese do goberno municipal da Guarda polo estado das ramplas da Armona

“O BNG xa presentou un escrito denunciando a situación en xullo e a zona segue igual”

O BNG denuncia o desinterese do grupo de goberno do PSOE polo estado no que están as ramplas de acceso as praias na zona da Armona.

Ángel Baz, portavoz do BNG durante a visita á Armona

Para o BNG estas infraestruturas deben ter un mantemento continuado ao longo do ano, xa que corremos o risco de lamentar unha desgraza en calquera momento, sen esquecer a mala imaxe turística que amosamos en plena tempada de verán.

"Chama atención que estas infraestruturas foron deseñadas para facilitar a accesibilidade aos areais e para tratar de salvagardar a contorna dunar da zona. Hoxe, tanto usuarios como a contorna están desprotexidas, froito do nulo mantemento por parte do goberno local”, comentou o portavoz nacionalista Ángel Baz.

 Unha visita institucional sen resultados

Sorprende que a principios de agosto pasaran por esta zona o goberno municipal, co Alcalde Antonio Lomba á cabeza, e o presidente da Entidade Menor de Camposancos acompañando á xefa de Costas do Estado, Cristina Paz-Curbera, e o estado da Armona segue a ser o mesmo.

Dende o BNG entendemos que o goberno municipal ten coñecemento do estado da Armona, dos problemas de accesibilidade ao areal e da afectación ambiental, pero son insensíbeis a esta realidade.

[gallery columns="2" ids="411,410,409,408"]

O BNG denuncia o desinterese do goberno municipal da Guarda polo estado das ramplas da Armona