Bea Lomba, nova Responsábel local do BNG na Guarda

Consello local do BNG: Benito "Mansa", Xabier Vicente, Xan Lois Lomba, Begoña González, Bea Lomba , Merchi Martínez, e Ángel Baz
Bea Lomba, nova Responsábel local do BNG na Guarda

“O BNG renovou o seu consello local para afrontar unha nova etapa ilusiónante na Guarda”

O Bloque Nacionalista Galego ven de renovar os cargos orgánicos na localidade da Guarda. A formación nacionalista elixiu en asemblea a Bea Lomba como nova responsábel local do BNG. Trátase dunha moza, comerciante guardesa con ampla experiencia organizativa a prol do comercio guardés.

Consello local do BNG: Benito "Mansa", Xabier Vicente, Xan Lois Lomba, Begoña  González, Bea Lomba , Merchi Martínez, e Ángel Baz

Ao mesmo tempo elixiuse un novo consello local que contará coa presenza do portavoz municipal, Ángel Baz, a concelleira e representante do BNG na Entidade de Camposancos Merchi Martínez, o concelleiro Xan Lois Lomba, o activista social e mariñeiro Benito “Mansa”, así como Xabier Vicente e Begoña González que conforman un equipo no que se mesturan caras novas e experiencia política.

“Temos claro que a Guarda merece un goberno diferente. Para iso tamén necesita unha organización forte con visón de país e que traslade esa visión aos veciños e veciñas da Guarda cun proxecto político serio e responsábel que dea o cambio de rumbo que a Guarda e Galiza necesitan”, comentou Bea Lomba, nova Responsábel local do BNG.

O reptos desta nova dirección local son mellorar as vías para canalizar os problemas dos veciños e veciñas da Guarda, achegar as institucións ao pobo con modelos de participación máis abertos e democráticos, así como seguir aumentando a organización política na localidade tanto en membros como en representación institucional.

Entre outras iniciativas o BNG ten estabelecido asembleas abertas como modelo de achegamento, contacto e participación veciñal, animando aos veciños e veciñas da Guarda a formar parte delas para aportar ideas, propostas, ...

Bea Lomba, nova Responsábel local do BNG na Guarda