FALAMOS DUN ROSAL DINÁMICO QUE SEXA ATRACTIVO TANTO PARA O TURISMO COMO PARA OS PROPIOS VECIÑOS E VECIÑAS

Acto informativo do BNG sobre mobilidade no Rosal

Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal
Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal
Acto informativo do BNG sobre mobilidade no Rosal

 

O vindeiro martes 20 de xuño ás 20:30 horas nos baixos do Concello do Rosal, o BNG vai realizar un acto informativo baixo o título “Un proxecto para O Calvario, por un Rosal con futuro”, no que a formación nacionalista presentará a súa visión da praza do Calvario dentro dun proxecto de mobilidade sustentábel no que teñen prioridade as persoas.

“Desde o BNG queremos un pobo para vivir, para pasear, implicado na vila. Falamos dun  Rosal dinámico que sexa atractivo tanto para o turismo como para os propios veciñ@s”, comentou Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal.

No acto intervirán Uxío Benítez, deputado Provincial de Mobilidade e Tenente-Alcalde de Tomiño, e Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal.

 

cartaz acto mobilidade rosal