O BNG manifesta o seu apoio aos traballadores das Cachadas

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

“O BNG insta publicamente á Consellería de Industria á que medie no conflito para non poñer en perigo os postos de traballo na empresa”

O BNG manifesta o seu apoio aos traballadores das Cachadas

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO quere amosar publicamente o apoio ao conxunto dos traballadores de “Imerys Kiln Furniture” nas Cachadas, que reivindican un novo convenio que mellores as súas condicións laborais.

“A empresa ten que garantir a totalidade dos postos de traballo. A Xunta, por medio da Consellería de Industria, ten que mediar este conflito que pode afectar a 65 familias”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda.

Dende o BNG lembran a situación que está a padecer tanto o concello da Guarda como a comarca, cunha crise económica que levou por diante empresas e postos de traballo, condeando á emigración a moitos dos seus habitantes.

Dende o BNG insta á Consellería de Industria e ao propio Concello da Guarda a aunar esforzos para salvagardar os postos de traballo na factoría.