Xosé Antón Rodríguez “Xuster” candidato a Alcaldía de Oia polo BNG

Xosé Antón Rdguz. "Xúster", candidato do BNG ás eleccións municipais 2019
Xosé Antón Rdguz. "Xúster", candidato do BNG ás eleccións municipais 2019

Oia está instalado nunha parálise crónica e compre darlle a volta

Xosé Antón Rodríguez “Xuster” candidato a Alcaldía de Oia polo BNG

A asamblea local do BNG de Oia elexiu a Xosé Antón Rodríguez “Xuster” como candidato a alcaldía pola formación nacionalista para as próximas eleccións municipais.

Xosé Antón Rodríguez que na actualidade é o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia afirmou diante da asemblea “ dou o paso a encabezar a candidatura do BNG, porque coma outros moitos veciños e veciñas, son conscente de que o noso concello está instalado nunha parálise crónica que repercute na calidade de vida da veciñanza e compre darlle a volta”.

Noutro momento da súa intervención dixo “Oia é un Concello con grandes posibilidades con unha costa privilexiada, un interior nas parroquias de Burgueira e Loureza coa riqueza paisaxística, gandeira, agrícola e gastronómica. Todo isto ten que ser conxugado creando un único ente que vertebre as parroquias do interior e costa”.

Despois de referirse as carencias en infraestructuras como o saneamento, o abandono do riquísimo patrimonio que atesoura o Concello, a desestructuración social, económica e territorial do que responsabilizou ao PP, concluiuOia necesita un xiro e rexeneración da institución municipal, un xeito novo de facer as cousas, un goberno que traballe”.