Presentación da candidatura do BNG de Oia ás eleccións municipais

Presentación Oia
Presentación Oia

"Candidatura ao goberno municipal de Oia encabezada por Xosé Antón Rodríguez (Xúster), empregado de automoción e presidente da Comunidade de Montes de Oia ."

Presentación da candidatura do BNG de Oia ás eleccións municipais

Este sábado, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Oia, o BNG dá inicio á carreira eleitoral  coa intención de acadar unha ampla representación no Concello se o pobo de Oia lle outorga a súa confianza nas eleicións do 26 de maio. 

 Unha equipa forte, seria e cohesionada, con experiencia e honestidade  demostrada desde hai moitos anos.

 Un BNG en ascenso, con consideración social e simpatía política, que está disposto a pór toda a ilusión, capacidade e o seu potencial humano na xestión de goberno.

  O acto, que será presentado pola profesora Marisa Guerra Cañizo, contará coas intervencións de Cecilia Pérez Orxe, candidata ao Senado poa provincia de Pontevedra, e por Xosé Antón Rodríguez, candidato á Alcaldía. 

Presentación da candidatura do BNG de Oia ás eleccións municipais