O Goberno do PP en Tui desaparecido ante a vulneración de dereitos laborais de Limpezas Samil

carme núñez, portavoz municipal
carme núñez, portavoz municipal
O Goberno do PP en Tui desaparecido ante a vulneración de dereitos laborais de Limpezas Samil

Tui, 24, outubro 2018.O BNG  denuncia a desidia do goberno de Tui sostido polo Partido Popular  diante dos incumprimentos graves en materia laboral por parte de Limpezas Samil  no servizo de limpeza de colexios públicos  que repercuten na súa calidade .

"A limpeza, un sector moi feminizado,e, igualmente, un dos que conta con condicións máis precarias, tanto a nivel económico, coma contractual, como o que atinxe tamén ao recoñecemento de enfermidades laborais e baixas," apuntou Carme Núñez, portavoz do BNG en Tui, " sendo coñecedores desta situación, xeralizada a todo o país, non entendemos como o Goberno municipal de Tui, non actúa para por freo á situación de explotación laboral que están a sufrir as traballadoras encargadas da área de limpeza dos edificos públicos (xestionados pola empresa privada LIMPEZAS SAMIL). Deben facer horas a máis sen percibir ningún tipo de salario extra ou ampliación de horas contractuais e realizan tarefas de limpeza de xeito totalmente VOLUNTARO para poder deixar as instalacións públicas nunhas condicións mínimamente dignas ", sinalou a portavoz nacionalista.


O BNG ven de presentar unha moción  pola que trasladamos ao pleno deste xoves  a situación das traballadoras  da empresa Limpezas Samil  que na actualidade presta o servizo de limpeza en edificios públicos, e, esiximos que o concello de Tui defenda unhas condicións laborais dignas para as persoas que traballan nun servizo-por moito que estea xestionado por unha empresa-fronte aos abusos das empresas , que garanta un servizo de calidade e que xestione, xa que a empresa está a prestar o servizo fóra de contrato .