Encontro da mocidade con Ana Pontón no Baixo Miño

Encontro da mocidade con Ana Pontón no Baixo Miño

Galiza Nova organiza no Baixo Miño un encontro da mocidade coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, a fin de tratar a situación que vive a xuventude na actualidade e compartir ideas e inquedanzas. 

O acto terá lugar o vindeiro sábado, 8 de xullo, ás 18:30 na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui. 

Ao remate disporáse dun autobús (de balde para toda a mocidade) con traslado á festa nacionalista comarcal que se vai celebrar no parque do Cancelón, (subida ao Monte Trega) na Guarda.

Cómpre reservar praza de bus no: 616090632 / baixominho@galizanova.gal