O BNG tacha de irresponsábel a actitude do Alcalde da Guarda levando os orzamentos sen acordo

Angel porto_2 copia
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG

 “O BNG deixa claro que non acepta chantaxes de quen non ten unha maioría para sacar adiante os orzamentos para o 2.018”

O BNG tacha de irresponsábel a actitude do Alcalde da Guarda levando os orzamentos sen acordo

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO non ve as condicións para apoiar os Orzamentos para o 2018 que ven de presentar o Alcalde da Guarda.

Dende a formación nacionalista botan de menos unha actitude máis conciliadora para chegar a acordos coa oposición. “En ningún momento fixeron un ofrecemento serio para negociar os orzamentos” sinalou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG quere lembrar que xa fixo público que aspectos son importantes para, cando menos, mellorar os orzamentos para a Guarda.

A falta de concreción nas partidas é un punto preocupante para a formación nacionalista, “non vemos por ningures partidas específicas para a seguridade viaria en zonas escolares como Solanas e a Sangriña, tal e como aconsella o Plan de Mobilidade”, comentou Ángel.

Para o BNG é claramente insuficiente a partida de Axudas a Educación dotadas de 3.000 €, que se investirán nuns premios pouco educativos.

En canto á partida de SOGAMA, pasa de 225.000 € a 232.000€, co que se evidencia a falta de aforro en materia de xestión do lixo, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe.

Para o BNG é inasumíbel que o concello se gaste 40.000 € no pintado do espigón, sendo unha competencia da Xunta de Galiza do PP. “O concello ten carencias suficientes como para investir estes cartos nun pintado, por outra banda, un pouco caro...”, apreciou Ángel Baz.

Botamos de menos a creación dun departamento de normalización lingüística, axudas “reais” para educación, mellor dotación para emerxencia social e políticas de igualdade, ....

Dende o BNG xa advertimos que, ou había cambios substanciais nos orzamentos ou non habería apoio a estes orzamentos.

O BNG tacha de irresponsábel a actitude do Alcalde da Guarda levando os orzamentos sen acordo