O BNG solicitará á Xunta un plan específico de pesca para a Guarda

Montse Prado, Ángel Baz e representantes da Confradía de pescadores
Montse Prado, Ángel Baz e representantes da Confradía de pescadores

“O BNG considera que este plan específico de pesca deberá desenvolverse en consenso coa Confraría de pescadores”

O BNG solicitará á Xunta un plan específico de pesca para a Guarda

A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, xunto cunha representación do Consello local mantiveron unha reunión co cabildo da Confraría de pescadores da Guarda para tratar diferentes asuntos que afectan ao sector na Guarda.

Para o BNG a reunión foi moi frutífera, poñéndose de manifesto que o marco onde traballa a flota da Guarda non é comparábel a aquelas que traballan noutras zonas de Galiza. Así, as perdas de días de traballo por mal tempo son moito maiores que nas rías.

Na reunión tamén se manifestou a necesidade de ter unha maior flexibilidadenos descansos de fin de semana cando o mal tempo impide traballar na semana para poder aproveitar os sábados e domingos q o tempo o permite, algo que a día de hoxe está prohibido e esta flota.

“Hai que tomar medidas para que o noso sector pesqueiro poida traballar en igualdade de condicións que outras zonas, se queremos seguir mantendo estes postos de traballo”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG comprende o malestar dos mariñeiros guardeses tendo que ver como os veciños portugueses si faenan na nosa costa polo pacto de boaveciñanzae a lexislación portuguesa llelo permiten.

O sector tamén reclama que o paro do polbo veña acompañado de axudas económicas como se fai con outras flotas.

Montse Prado amosouse comprensíbel coas reivindicacións do sector comprometéndose a trasladar as súas reivindicacións ao Goberno da Xunta por medio de diferentes iniciativas no Parlamento galego.