O BNG presenta moción polo 25 de novembro, día da non violencia de xénero

Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda
Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda

"Pintadas como as que apareceron hoxe no porto da Guarda son preocupantes ante a vanalización de condutas machistas"

O BNG presenta moción polo 25 de novembro, día da non violencia de xénero

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción co gallo do 25 de novembro “Día da Non Violencia de Xénero”.

Dende o BNG existe constancia de que se rexistraron en Galiza, cando menos 55 feminicidios entre 2010 e o que vai de 2017. Pontevedra tivo no ano 2015 a tasa máis alta de Galiza e a terceira máis alta do estado español.

O BNG insiste en que se debe comprometer ás institucións, destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para este fin. Estamos por transformar a sociedade na que vivimos, reducindo a fortaleza do patriarcado, e a subordinación ao xénero masculino superando a desigualdade e a violencia que sofren as mulleres.

“Dende o BNG traballamos para avanzar na concreción do pacto galego contra a violencia machista e destinar o 1% do orzamento do 2018 á prevención e loita contra a violencia, aumentar e mellorar os recursos xudiciais, acompañamento das mulleres e que sexan atendidas por persoal especializado,durante o proceso xudicial. Polo que pedimos o compromiso das corporacións ás mobilizacións locais e nacionais.” Comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda.


Fotografía da pintada aparecida no porto da Guarda relacionada coa violación dunha muller nos San Fermíns deste ano

Pintada aparecida no porto da Guarda