O BNG preguntará no pleno da Guarda pola reforma da rúa S Caetano

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano

 “Para o BNG é incomprensíbel que tralo acordo plenario de reformar a rúa S Caetano co Plan Concellos 2017, aínda non se teña noticias do proxecto”

O BNG preguntará no pleno da Guarda pola reforma da rúa S Caetano

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO vai preguntar polo proxecto de reforma da rúa S Caetano, unha obra que conta doa aprobación unánime o pleno da Guarda en setembro de 2.016 para ser incluída no Plan Concellos de 2017.

“Vemos como avanza o ano e non temos noticias da obra. Vemos como se aproban obras polo Plan Concellos 2017, pero a da rúa S Caetano non se sabe nada”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG quere lembrarlle ao grupo de goberno do PSOE que estas obras de saneamento da rúa son máis que necesarias. De feito, foi unha petición dos veciños e veciñas que ven como as súas casas vense inundadas por unha deficiente e obsoleta rede de saneamento.

“Queremos que o alcalde da Guarda lle explique a estes veciños e veciñas, porque se ven relegados a un segundo plano, sendo unha obra tan necesaria para o barrio”, sinalou Ángel Baz.
 

Falta de transparencia do goberno do PSOE

Dende o BNG podemos constatar que a falta de transparencia e a opacidade do goberno municipal do PSOE segue a ser unha constante.

Así o BNG ten presentado escritos para que se facilite o acceso aos proxectos de diferentes obras, entre as que está o da actual rúa da Cal ou a subida de San Amaro en Camposancos, sen ter contestación por parte do Alcalde da Guarda.

O BNG quer lembrar que está obra vira con compromiso de facerse de xeito participativo e aberto algo que quedou en papel mollado.