O BNG pide explicacións de por que Camposancos non solicitou axudas para normalización lingüística

Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos
Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos

“A Entidade Local Menor de Camposancos perdeu a oportunidade dunha axuda de preto de 5.000 € paraactividades de normalización lingüística”

O BNG pide explicacións de por que Camposancos non solicitou axudas para normalización lingüística

A vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos, Merchi Martínez, presentou un escrito solicitando explicacións de por que dita entidade non solicitou as axudas que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos e das entidades menores para normalización lingüística.

Trinta e catro concellos xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive e o propio concello de A Guarda beneficiáronse de axudas para dinamización e normalización lingüística as cales foron aprobados e concedidos pola deputación de Pontevedra. En concreto na comarca do Baixo Miño beneficiáronse os concellos de A Guarda, Oia e Tomiño.

“Non pode ser que perdamos estas ocasións de poñer a disposición dos veciños e veciñas de Camposancos actividades creativas en torno a nosa lingua. Non entendo ao Presidente da Entidade: ou non lle importa ou é un incompetente”, comentou Merchi Martínez.

Entre outras actividades, Camposancos perdeu a oportunidade de campamentos de verán para menores de 14 a 16 anos, talleres de creación literaria, contacontos , arrolos para nenos de 0 a 3 anos... En definitiva, perdemos a oportunidade de actividades de creación, mantemento, promoción e desenvolvemento da lingua galega.

Dende o BNG considérase unha oportunidade perdida por parte dun presidente que sempre se anda queixando de falta de fondos para realizar actividades en Camposancos, polo que queda de manifesto a incompetencia dun presidente que non ten proxecto político para a Entidade Local Menor de Camposancos.