“O BNG PRESENTOU INICIATIVAS NO CONCELLO DA GUARDA E NO PARLAMENTO GALEGO NA PROCURA DUNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA”

O BNG insta á Xunta e ao Concello á solucionar os problemas xabarín na Guarda

WhatsApp Image 2017-04-18 at 11.30.47 copia
Ángel Baz na zona escolar da Sangriña
O BNG insta á Xunta e ao Concello á solucionar os problemas xabarín na Guarda

O Bloque Nacionalista Galego segue a denunciar a presenza do xabarín en zonas habitadas no concello da Guarda.

O pasado martes 18 de abril, varias persoas atoparon xabarín na zona da Sangriña, dentro da contorna dunha zona escolar.

Dende o BNG vese con preocupación a falta de interese que está amosando a Xunta de Galiza no control desta especie no concello da Guarda.

O BNG ten realizado unha campaña para que se tomen medidas serias sobre o control do xabarín na Guarda.

“A Xunta do PP e o Goberno municipal do PSOE teñen que tomarse este tema en serio, falamos de animais salvaxes en zonas escolares, habitadas ou de cultivos. Esperemos non ter que lamentar unha desgraza”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG presentou unha moción no concello aprobada por unanimidade na que insta ao Goberno galego do PP á busca dunha solución definitiva. O BNG, tamén, presentou unha iniciativa no Parlamento galego no mesmo sentido pola Deputada nacionalista Montse Prado.

 

Fotografías a acción do xabarín na zona escolar da Sangriña:

WhatsApp Image 2017-04-18 at 11.29.42WhatsApp Image 2017-04-18 at 11.30.41WhatsApp Image 2017-04-18 at 11.30.49

O BNG insta á Xunta e ao Concello á solucionar os problemas xabarín na Guarda