“PARA O BNG OS PREMIOS DE EDUCACIÓN PROMOVIDOS POLO GOBERNO MUNICIPAL, CREAN RIVALIDADE ENTRE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. É UN MODELO ERRADO BASEADO NA LOMCE”

O BNG insta ao PSOE a realizar programas de apoio educativo na Guarda

Grupo muncipal do BNG
Grupo muncipal do BNG

O BNG insta ao goberno do PSOE a abandonar medidas en materia educativa como a realización dos “Premios de educación 2.017” baseados no expediente académico do alumnado do concello

O BNG insta ao PSOE a realizar programas de apoio educativo na Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito no Concello da Guarda instando ao grupo de goberno do PSOE a abandonar estas medidas en materia educativa como a realización duns “Premios de educación 2.017” nos que se valora o expediente académico do alumnado do concello.

Para o BNG estamos diante dunha unha política errática en materia educativa por parte do Alcalde da Guarda.

As institucións públicas deben traballar por equilibrar as desigualdades que existen entre o alumnado, potenciando medidas de apoio ao alumnado con máis dificultades tanto económicas como doutra índole.

O grao de improvisación e “trapalleiría” do goberno socialista chega a tal nivel que de despois de publicar as bases dos premios, modificou as mesmas para incluír a centros excluídos nun inicio, pero deixando a posíbeis candidatos ou candidatas fora por non estar empadroados na Guarda, iso si, cursando en centros da localidade.

“Non fai sentido regalar tabletas, mentres temos alumnado con necesidades de apoio educativo que ben agradecerían a realización de programas para que axudar a que acaden os seus obxectivos”, comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

O BNG lémbralle que o goberno municipal que das diferentes direccións dos centros educativos da Guarda xa lle amosaron a desconformidade con esta iniciativa.

“Non entendemos como habendo profesionais do ensino no goberno, se estean a potenciar este tipo de premios que fomentan competitividade entre alumnado e que para nada cumpren os obxectivos para os que se din que naceron estes premios”, sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG quere amosar rexeitamento a este premio e insta ao goberno municipal do PSOE a investir os cartos dos premios na procura dun programa de apoio educativo para alumnado con máis necesidades.