O BNG esixe que se solucionen os erros nas obras de humanización do 2° tramo da rúa San Caetano

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG nas obras da rúa S Caetano
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG nas obras da rúa S Caetano
"Advertidos polo BNG, o propio grupo de goberno asume os erros, segundo eles, provocados polas présas na redacción do proxecto"
O BNG esixe que se solucionen os erros nas obras de humanización do 2° tramo da rúa San Caetano

Para o BNG é incomprensible falar de presas na redacción dun proxecto que leva dous anos de atraso. Hai que remontarse a 2016 para comprobar como este mesmo goberno asume un compromiso plenario coa aprobación da moción presentada pola veciñanza e defendida polo grupo nacionalista. 

"Á improvisación coa que actúa o goberno socialista pon de manifesto unha vez máis  unha maneira de actuar rutinaria, chapuceira  e sin perspectiva ", denuncia Anxo Baz,  o voceiro do BNG na Guarda.

O documento non contempla o retranqueo de varias fincas fora de alineamento,  o que perpetúa o estreitamento da rúa e  a imaxe de abandono nalgunha das fincas con muros con perigo de derrube, aparición de ratas, etc. 

Despois de  visitar a  obra coa veciñanza, o BNG esixe o arranxo destes e outros problemas, como a filtración de augas nas vivendas que denuncian os residentes na rúa dende fai anos.
O BNG esixe que se solucionen os erros nas obras de humanización do 2° tramo da rúa San Caetano