O BNG esixe unha solución urxente ás alteracións acústicas no Centro de Saude de Tui nas Festas de S Telmo

carme núñez, portavoz municipal
Carme núñez, portavoz municipal

Un paciente enferm@, ou, en recuperación, é moito máis susceptíbel a este e pódese ver afectado de xeito importante polo seu impacto.

O BNG esixe unha solución urxente ás alteracións acústicas no Centro de Saude de Tui nas Festas de S Telmo

O exceso de ruído ao carón dos centros sanitarios pode afectar negativamente á saúde d@s pacientes e ao traballo das e dos profesionais. Alteracións do sono, menor tolerancia á dor, aumento de ritmo cardíaco, son algún dos efectos negativos que o ruído ambiental pode xerar n@s pacientes, e, en especial, aos máis vulnerábeis coma crónic@s anciáns.

Para os e as profesionais, un entorno con alta contaminación acústica pode xerar máis estrés e dificultade para desenvolver o seu traballo.

Pode considerarse que o ruído é un contaminante invisíbel que produce efectos negativos, tanto fisiolóxicos coma psicosomáticos no ser humano. Un paciente enferm@, ou, en recuperación, é moito máis susceptíbel a este e pódese ver afectado de xeito importante polo seu impacto.

Así pois, o BNG ven de rexistrar unha petición na que insta ao equipo de goberno do concello de Tui que leve adiante as  oportunas medidas para remediar as alteracións acústicas debido tanto as atraccións de feira ubicadas ao carón do novo centro de saúde, coma o elevado fío musical dos autofalantes instalados no mesmo lugar que ao longo das festas  de San Telmo están a exceder o recomendábel volume acústico (para un centro de saúde e con servizo de urxencias) nestes dias de celebración.

"Esta nefasta situación teríase evitado se  o governo municipal optase por outra ubicación máis axeitada para as atraccións de feira", apuntaba a portavoz municipal, Carme Núñez.

O BNG esixe unha solución urxente ás alteracións acústicas no Centro de Saude de Tui nas Festas de S Telmo