O BNG ESIXE MEDIDAS ANTE A FALTA DE PERSOAL DOCENTE NO COLEXIO DE CALDELAS E PARA A ACTUALIZACIÓN DO MATERIAL ESCOLAR

Carme Núñez e Xosé M.Tato, concelleir@s do BNG en Tui
Carme Núñez e Xosé M.Tato, concelleir@s do BNG en Tui
O BNG ESIXE MEDIDAS ANTE A FALTA DE PERSOAL DOCENTE NO COLEXIO DE CALDELAS E PARA A ACTUALIZACIÓN DO MATERIAL ESCOLAR

Martes 25 de setembro de 2018.A política de recortes de persoal educativo iniciada polo goberno Feijóo no ano 2010 lonxe de mitigarse, mantense con firmeza neste inicio de curso e contrasta coa propaganda da Xunta de que estamos nunha situación de recuperación económica.O colexio público de Caldelas  de Tui é un símbolo dos recurtes do Partido Popular, malia  contar con 79 alumnas e alumnos  e so  9 profesoras e profesores a Xunta de Galiza non tivo consideración nin de lles comunicar ao centro de ensino  a non sustitución dunha das docentes que ven de xubilarse. Tivo que ser o colexio, cos seus propios medios o encargado de se cordinar facendo a unión das aulas troncais entre 1º e 2º de primaria os que suman un total de 18 alumnos e alumnas das cales, en 1º ,  hai 2 alumn@s con necesidades especiais, e en 2º  un alumno é hiperactivo , e outro ten altas capacidades.

Por se non fose dabondo, o alumnado de 3º e 5º de primaria vese na obriga de estudar con material da anterior lei educativa (LOE) empregados durante 9 cursos, sendo solicitado perante á administración pública a mudanza de material, da que a dia de hoxe aínda  non obtiveron resposta.


O BNG vai esixir ao governo de Tui, no pleno deste xoves  que inste á consellería de educación a atender estas demandas  con celeridade para non prexudicar máis o inicio deste curso académico e para que demostre que de verdade respecta  o ensino público no rural.