“SACOS DE LIXO ACUMULÁNDOSE DURANTE SEMANAS CERTIFICAN QUE A NOVA ORDENANZA DO LIXO EMPEOROU AS COUSAS: O CONCELLO XA NON TEN TEMPO LÍMITE OBRIGATORIO PARA RECOLLER O LIXO NA GUARDA”

O BNG esixe explicacións ao alcalde da Guarda sobre a recollida de lixo en Fontequente

Sacas de lixo acumulándose dende hai 2 meses en Fontequente
Sacas de lixo acumulándose dende hai 2 meses en Fontequente
O BNG esixe explicacións ao alcalde da Guarda sobre a recollida de lixo en Fontequente

O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a situación que se está a vivir na zona de Fontequente, onde hai case dous meses que se levan acumulando uns sacos de lixo sen que o Concello da Guarda tomase medidas para a súa recollida.

O BNG entende que pode haber momentos puntuais nos que a recollida poida ser dificultosa, pero estar 8 semanas sen recoller lixo de gran volume, de natureza descoñecida resulta de moi difícil explicación.

Ante esta situación, a veciñanza de Fontequente puxo en coñecemento do grupo de goberno do PSOE con escaso éxito.

Os nosos veciñ@s teñen dereito a un servizo eficiente e eficaz de recollida de lixo, non se lles pode deixar tirados durante 2 meses e non dar contestación axeitada”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

 

Unha ordenanza do lixo ineficaz

O BNG xa advertiu que a nova ordenanza eliminaba dereitos aos guardeses e guardesas. O voto en contra do BNG estaba argumentado nunha serie de puntos como a falta de obrigatoriedade do concello a ter que recoller o lixo e a limpar os contedores, así como a falta de puntos de información social.

Coa anterior ordenanza o goberno tiña a obriga de recoller o lixo e limpar os contedores, agora xa non existe esta obriga”, sinala o concelleiro do BNG Xan Lois Lomba.

O BNG esixe explicacións e unha acción inmediata de limpeza e recollida de lixo no barrio de Fontequente.