O BNG delega no alcalde as competencias para evitar que se perda outra subvención de 735.000 euro

Foto do grupo municipal do BNG na Guarda
Foto do grupo municipal do BNG na Guarda
O BNG delega no alcalde as competencias para evitar que se perda outra subvención de 735.000 euro

O pasado 25 de setembro foille concedida ao Concello da Guarda unha subvención para a renovación do alumeado público do concello. Esta subvención permitirá a substitución das vellas bombillas por luminarias LED, moito máis eficientes e que implican un aforro enerxético considerábel e polo tanto un aforro económico moi importante para todas e todos os guardeses.

O goberno do PSOE, despois de virlle concedida a subvención, tardou dous meses e medio en iniciar os trámites que lle permiten poder acollerse a ela. A consecuencia deste retraso na elaboración do proxecto que ten que presentar agora o Concello é que, si o pleno non delega agora no alcalde o inicio do proceso, perderíase a subvención de 735.000 euros, pola irresponsabilidade do alcalde por non presentala dentro dos prazos marcados.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, afirmou que “dende o BNG imos facer o posíbel para que o Concello da Guarda chegue a tempo para iniciar os tramites desta subvención, aínda que teñamos que renunciar as nosas competencias. Non podemos permitir que a A Guarda se quede fóra dunha medida que aforraría as arcas municipais máis de 53.000 euros anuais no alumeado público e mellorar a calidade do alumeado que necesita a veciñanza pola irresponsabilidade do alcalde e goberno municipal do PSOE.”

 

O concelleiro nacionalista, Xosé Manuel Méndez, delegado para intervir neste asunto no pleno manifestou que "o alcalde, en lugar de estar a traballar para non perder a subvención e ter encargado o proxecto, andaba máis preocupado en evitar que o BNG resolvese os problemas da veciñanza da Guarda e a xogar, de noite, cambiando sinais e entorpecendo o traballo do BNG."

O BNG delega no alcalde as competencias para evitar que se perda outra subvención de 735.000 euro