O BNG CRITICA A XESTIÓN DO GOVERNO DE TUI ANTE A CATÁSTROFE DE PARAMOS

carme núñez, portavoz municipal
carme núñez, portavoz municipal

Carme Núñez reclama que  se retome a asistencia psicolóxica no centro de saúde de Tui

 

O BNG CRITICA A XESTIÓN DO GOVERNO DE TUI ANTE A CATÁSTROFE DE PARAMOS

Tui,21 de setembro de 2018-  A portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez, criticou a xestión que o Concello de Tui está a facer da catástrofe de Paramos e considera que non se deberían escatimar esforzos para conseguir que as veciñas e veciños  afectados-as recuperen  a normalidade canto antes e reciban toda a  atención que precisan.


"O Governo de Tui sostido polo PP non está levando a cabo unha actuación “á altura” da gravidade da catástrofe", salientou a portavoz municipal. Xa non se está  prestar atención psicolóxica ás persoas afectadas no centro de saúde de Tui, pese a que  35 familias  solicitaron esta atención en proximidade; de facto, a dia de hoxe unhas 25 persoas que foron avaliadas seguen precisando desta atención. É evidente a falta de sensibilidade por parte da Xunta de Galiza, máis, hipocritamente, o governo do PP tudense, tras unha xuntanza do alcalde de Tui  co presidente da Xunta de Galiza "amosase satisfeito en liñas xerais". O BNG considera que non pon nada da súa parte para esixir aos seus socios de governo que se restableza este servizo de atención  en Tui mentras haxa veciñas e veciños que o precisen.


"Despois da traxedia ocorrida coa explosión de material pirotécnico almacenado de xeito totalmente irregular, é preciso prestar á máxima atención ás persoas afectadas. Esta atención debe cubrir aspectos materiais, físicos, socias, mais tamén emocionais e psicolóxicos", apuntou Carme Núñez.

Así pois o BNG vai esixir no vindeiro pleno que se retome o servizo de atención psicolóxica no centro de saúde de Tui para todas as afectadas e afectados que o solicitaron ,e, que xa bastante teñen coa traxedia vivida  como para se teren  que desprazar a Vigo (Meixueiro). Esperamos que neste pleno o PP apoie a proposta do BNG e non volte a virar-lle as costas as súas veciñas e veciños como fixo  no Parlamento Galego.