O BNG congratúlase da rehabilitación do palco da música da Corredoira

Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui
Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui
O BNG congratúlase da rehabilitación do palco da música da Corredoira

Tui, martes 11 decembro de 2018. O BNG quere felicitar a execución  das obras de restauración do palco da música  do Cantón de Diómedes. Trátase dunha recuperación necesaria, despois do estado de abandono e desidia no que se atopaba ,por parte dos govenos do PP, durante décadas. Por ese motivo o anterior equipo de governo municipal, na persoa concelleira do BNG, Carme Núñez  decidiu iniciar  este proxecto a través da liña de axudas "Plan concellos" da Deputación de Pontevedra  . A  execución   por parte das empresas adxudicatarias e dos e das técinas foi impecábel. "O resultado é o previsto, unha xoia do patrimonio para o desfrute das nosas veciñas e veciños", sinalou Carme Núñez.

Actuacións deste tipo a favor do patrimonio tudense foi ao que se compromentera o BNG desde a concellaría  de patrimonio . Lamentamos   que o actual equipo de governo perdese as subvencións  que se conseguiran  para  outros proxectos iniciados e deseñados durante o anterior governo coma a rehabiltación da ponte medieval de Pexegueiro,e, o  lavadorio e fonte de Rodas (Guillarei). Isto é consecuencia  da inactividade do governo municipal, cando a rehabilitación do palco da música é un claro exemplo  de que as cousas  non so se poden facer doutro xeito, senón que son necesarias e precisas para coidar o noso patrimonio ,e, por expansión todo o que ten que  ver co futuro de Tui.

O BNG congratúlase da rehabilitación do palco da música da Corredoira