O BNG acusa de irresponsábel ao Alcalde da Guarda ao pór en perigo axudas IDAE

_MG_9031 copia
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG

“Un novo caso de inacción do goberno do PSOE ponen perigo importantes axudas europeas”

O BNG acusa de irresponsábel ao Alcalde da Guarda ao pór en perigo axudas IDAE

O grupo de goberno do PSOE levou a pleno, hoxe xoves, unha petición de subvención dentro das axudas europeas a programas de aforro e eficiencia enerxética, e proxectos de mobilidade sustentábel. En xuño de 2017 abríanse esta liña de axudas, pasou un ano e medio no que o goberno municipal non presentou ningún proxecto, que estiveron a facer?

Para o BNG resulta incríbel que un goberno en minoría, non negocie con ningunha formación política esta liña de subvencións, e que agora, pretenda o apoio incondicional apelando á responsabilidade da oposición dado que están na data límite para presentar algún proxecto.

“Unha situación alarmante, explica Anxo Baz voceiro do BNG, se temos en conta que o requisito prioritario é a orde de chegada de proxectos, polo que a pretensión do Alcalde da Guarda de presentar un proxecto a última hora non ten moitas garantías de éxito. Un despropósito.”

Como contrapunto á situación de parálise de goberno da Guarda, Anxo Baz pon a xestión do goberno nacionalista de Tomiño, onde xa teñen aprobados 3 proxectos cuns investimentos totais superior ao 1.200.000 € e un cuarto á espera de ser aprobado. 

O BNG quere denunciar que a situación ven agravada, cando A Guarda partía con vantaxe fronte a outros concellos, ao ter redactado o plan de mobilidade que daba acceso directo as axudas, mentres outros concellos tiñan que agardar á redacción do mesmo. 

A negación do PSOE e PP de aprobar o plan de mobilidade tira pola borda a realización de diferentes proxectos como as eco-sendas na circunvalación con Camposancos, proxectos de seguridade peonil na Sangriña e Solanas ou proxectos de eficiencia enerxética para o Conservatorio, Centro Cultural e outros edificios municipais.

“Algo que Tomiño non deixou escapar”, remarca Anxo Baz, para acabar dicindo “que moito me temo que a resposta ao único proxecto que A Guarda aínda ten pensado mandar vai ser un: tarde piaches”.

O BNG acusa de irresponsábel ao Alcalde da Guarda ao pór en perigo axudas IDAE