“O ALCALDE-PEDÁNEO NEGOU RELACIÓN CONTRACTUAL ENTRE A ELM DE CAMPOSANCOS E S XEROME NO MANTEMENTO DE ZONAS VERDES, ALGO QUE NON É CERTO”

O BNG acusa ao Alcalde-pedáneo de Camposancos de mentir sobre S Xerome

Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos
Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos
O BNG acusa ao Alcalde-pedáneo de Camposancos de mentir sobre S Xerome

A vogal do BNG, Merchi Martínez, realizou no último pleno da Entidade Local Menor de Camposancos unha batería de preguntas sobre a situación de dita entidade e o Centro de traballo S Xerome, como consecuencia dos despidos realizados hai uns días pola xerencia do centro.

O alcalde pedáneo negou no pleno que San Xerome realizase na actualidade traballos de mantemento para Entidade Local, segundo precisou, hai máis un ano que esta empresa non realiza actividades en Camposancos.

Para o BNG o Alcalde Penádeo do PSOE falta a verdade, xa que si existe unha relación contractual entre S Xerome e a Entidade Local Menor de Camposancos, polo que Alcalde-pedáneo debe aclarar cal é o tipo de relación que existe entre as dúas entidades.

O BNG tamén asegura que existe unha partida nos orzamentos do 2016 da Entidade por valor de 8.000 € onde aparece especificada como “Traballos realizados por outras empresas (San Xerome)”.

É incríbel que o Alcalde mentise tan descaradamente no pleno, nun país normalizado tería dimitido. Camposancos merece aclaracións e non mentiras., comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos.

Para o BNG o Alcalde-pedáneo ten que explicar por que, segundo as nosas informacións, se está a facer o servizo de desbroce de camiños con persoal non contratado e sen cualificar.

O BNG vai seguir esixindo aclaracións ao Alcalde Pedáneo do PSOE por responsabilidade que como gobernante ten e que non está a exercer.

Foto detalle dos Orzamentos na ELM de Camponsancos onde aparece a partida específica para S Xerome:


Detalle da partida destinada a S Xerome