"8-M Mozas en folga!": Asemblea organizada por Galiza Nova este xoves en Tomiño

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca do Baixo Miño organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 21 de febreiro ás 19:30 no local do BNG de Tomiño

"8-M Mozas en folga!": Asemblea organizada por Galiza Nova este xoves en Tomiño
 
Tomiño, martes 19 de febreiro, 2019.A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca do Baixo Miño organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 21 de febreiro ás 19:30 no local do BNG de Tomiño (Rúa Colòn 6, baixo) para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.
 
Despois do éxito dos anos previos, este 8 de marzo volvemos a estar chamadas todas as mulleres e mozas a facer folga estudantil, de consumo, de coidados e laboral, así como a acudir masivamente ás manifestacións e concentracións convocadas polo tecido feminista e sindical galego. Neste sentido, desde Galiza Nova presentamos unha campaña propia coa que queremos socializar entre as mozas galegas a folga convocada polo sindicalismo obreiro galego, a través da CIG e as distintas mobilizacións que conovoca o movemento feminista galego a través de Galegas8M.
 
Para iso contaremos coa presenza e a intervención de Raquel Pérez, da CIG Industria de Vigo e Ana Belén Bernárdez, Responsable Comarcal da Asemblea de Mulleres. 
 
Desde Galiza Nova facemos un chamamento para acudir á manifestación nacional do domingo 3 de marzo, ás 12h en Lugo, e a todas as convocatorias locais do 8 de marzo.
 
SE NON CONTAN CON NÓS, QUE PRODUZAN SEN NÓS! MOZAS EN FOLGA POR UNHA GALIZA FEMINISTA!