"A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o alcalde de Allariz, Francisco García, presentarán a ca

"A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o alcalde de Allariz, Francisco García, presentarán a ca

"A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o alcalde de Allariz, Francisco García, presentarán a candidatura BNG-Asembleas Abertas de Tomiño".

Sandra González, candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG

Este venres ás 21 horas, no auditorio de Goián, terá lugar a presentación da equipa que formará a candidatura BNG-Asembleas Abertas de Tomiño.

No acto de presentación participará a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, o alcalde de Allariz, Francisco García, o candidato número dous, Uxío Benítez, e a candidata á alcaldía, Sandra González.

Como xa se deu a coñecer, a candidata á alcaldía, Sandra González, conta coa experiencia dos últimos 8 anos de goberno, con maioría absoluta dende 2011.

Tralo proceso de Asembleas Abertas impulsado polo BNG, incorpóranse novas persoas que destacan polo seu compromiso e participación, formando así unha equipa sólida e competente.

Así pois, dende o BNG-Asembleas Abertas convidamos a asistir a este acto de presentación e a participar con novas propostas para enriquecer o proxecto que levaremos para seguir transformando Tomiño.

"A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o alcalde de Allariz, Francisco García, presentarán a ca