Galiza Nova e o BNG rexeitan a legalización dos "ventres de alugeiro"

Ana Bernárdez, Bela Lomba e Ana Brigas
Ana Bernárdez, Bela Lomba e Ana Brigas
Galiza Nova e o BNG rexeitan a legalización dos "ventres de alugeiro"

 Galiza Nova e o BNG promoveu unha charla-debate sobre os Ventres de Aluguer que se celebrou na Casa dos Alonso da Guarda . Participaron na mesma, Ana Belén Bernárdez (portavoz da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova no Baixo Miño), Bea Lomba (portavoz da área de Acción Feminista do BNG no Baixo MIño), e Ana Bringas (Coordinadora do Grupo de traballo de Acción Feminista do BNG).

Ana Bringas aproveitou a ocasión para reiterar o posicionamento do BNG sobre esta cuestión e sinalou que “para o BNG trátase dunha explotación máis do corpo das mulleres máis empobrecidas e vulnerábeis”. O BNG oponse á legalización, regulamentación e banalización deste fenómeno que nos últimos tempos foi sometido a unha mediatización dirixida baixo termo “xestación subrogada”.

Bea Lomba, portavoz da área de Acción Feminista do BNG no Baixo MIñoBea Lomba afirmou “preferimos falar sempre da realidade que esta práctica supón baixo a denominación ventres de alugueiro, un termo que visibiliza o feito 

de estas mulleres seren utilizadas como incubadoras e do que se desprende claramente a desigualdade na relación contractual que se pretende."

Ana Belén Bernárdez explicou ”o debate mediático xira ao redor do desexo de ser nai ou pai biolóxico e as garantías legais para quen “contrata” este servizo, mentres que a muller cuxo corpo se aluga pasa a ser un simple receptáculo xestante, un mero obxecto con valor comercial, despoxado da súa dignidade humana”. “Resulta esencial indagar nas consecuencias que ten a realización destes desexos para estas mulleres, quen son e por que aceptan pór en risco a súa saúde e mesmo a súa propia vida para xestar unha criatura en beneficio doutras persoas” concluiu a portavoz da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova no Baixo Miño.

Ana Belén Bernárdez, portavoz da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova no Baixo MiñoA formación nacionalista argumenta que a maternidade e a paternidade non son dereitos senón desexos persoais que, en ningún caso, se poden levar a cabo a costa de menoscabar os dereitos das mulleres máis vulnerábeis. Tanto as mulleres coma as crianzas son cousificadas e tratadas como meras mercadorías, mesmo nos casos da mal chamada “xestación subrogada altruísta”, que, baixo unha aparencia de xenerosidade de mulleres que se prestan a xestar para outras persoas a cambio de nada, agocha os intereses lucrativos de clínicas de fertilidade e bufetes de avogados que actúan de intermediarios, nun negocio que move millóns de euros en todo o mundo. Por todo isto, o BNG e Galiza Nova rexeita rotundamente a legalización desta práctica.