Éxito de público na charla sobre a privatización da sanidade pública organizada polo BNG do Rosal

Éxito de público na charla sobre a privatización da sanidade pública organizada polo BNG do Rosal

 

ÈXITO DE PÚBLICO NA CHARLA SOBRE A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA ORGANIZADA POLO BNG DO ROSAL

 

 

 

 

Máis de 100 persoas asistiron o pasado sábado á charla organizada polo BNG do Rosal sobre a privatización da sanidade pública, que correu a cargo de Manolo Moreira, médico e portavos da plataforma SOS sanidade pública de Vigo. Durante a charla, o ponente fixo unha revisión do proceso de privatización do novo hospital de Vigo. Posteriormente interviron algúns veciños e veciñas que relataron algunhas experiencias sufridas no novo hospital e que viñeron a confirmar a sensación de que a súa apresurada apertura vai provocar graves problemas na área sanitaria de Vigo.