O BNG presenta unha moción con motivo do día internacional da muller

O BNG presenta unha moción con motivo do día internacional da muller

“O BNG solicita a elaboración dun Plan galego de emprego femenino”

O BNG presentou unha moción sobre o 8 de marzo na que se solicita a elaboración dun Plan galego de emprego feminino que inclúa, entre outras medidas, axudas específicas para a creación de empresas femininas de mulleres con especial atención ás mulleres mozas e ás de máis de 45 anos e a creación dunha Renda de Inserción Laboral para mulleres desempregadas de máis de 50 anos, cunha vida laboral igual ou superior a 30 anos de cotización e que tivesen esgotado as prestacións.

Merchi Martínez, concelleira do BNG

“A realidade continúa a evidenciar que a crise agravou a situación de desigualdade e precariedade das mulleres”, comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG.

Segundo o BNG a fenda salarial entre homes e mulleres segue a ser unha realidade aínda por combater diante da que as institucións non interpoñen medidas. Ademais, son as mulleres quen lideran as estatísticas de emprego temporal e parcial.

As políticas austericidas do PP frearon a posta en marcha de medidas de igualdade, tanto no referido á lexislación como á realización de programas concretos. A falta de vontade política é tal que continuamos a agardar pola posta en marcha de políticas tan necesarias e reclamadas social e politicamente como medidas que melloren o emprego feminino.

O acordo insta ao goberno da Xunta a elaborar un Plan de corresponsabilidade que inclúa actuacións para facilitar a conciliación da vida persoal e familiar conforme a lexislación vixente.

O BNG presenta unha moción con motivo do día internacional da muller