O BNG condena a moción de censura do Partido Popular ao governo de Tui

Carmen Nuñez
Carmen Núñez, portavoz municipal do BNG de Tui

"O BNG condena a moción de censura de Tui por ser esta unha manobra antidemocrática e cre que o Partido Popular non aceita perder as eleccións"

O BNG condena a moción de censura do Partido Popular ao governo de Tui

A portavoz municipal do BNG, Carme Núñez, condenou hoxe a moción de censura ao governo de Tui por constituír unha manobra antidemocrática e considerou que o Partido Popular non aceita de bo grado a vontade do pobo de Tui expresada nas urnas, recurrindo a estos atallos para chegar ao poder nun momento chave, xusto cando, o goberno actual ten en marcha toda unha serie de proxectos e avances para a cidade tudense (peonalización do centro histórico, PECH, compostaxe, ordenanza de limpeza, etc...)

Así mesmo lembrou estas mesmas manobras caciquís como o caso do concello veciño de Oia, onde tamén se violou a vontade popular e se fixo para por a institución non ao servizo do pobo, senón de intereses partidistas, recalcou a portavoz municipal deixando ver que claramente que o  Partido Popular actúa en función dunha estratexia perfectamente orquestrada por Alfonso Rueda.

O BNG condena a moción de censura do Partido Popular ao governo de Tui