BNG acusa ao Alcalde da Guarda de discriminar á veciñanza da rúa S Caetano

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG, na rúa de S Caetano

 “Hai un acordo de setembro de 2.016 para realizar esta obra no Plan Concellos 2017, agora o PSOE atrásao ao Plan Concellos 2.018”

BNG acusa ao Alcalde da Guarda de discriminar á veciñanza da rúa S Caetano

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, tal e como xa anunciou nos medios de comunicación, fixo unha serie de preguntas sobre o proxecto de mellora da rúa S Caetano, coa sorprendente resposta do goberno municipal de atrasar as obras para o Plan Concellos 2018.

Dende o BNG considérase unha discriminación cara os veciños e veciñas da rúa S Caetano, sabendo que había un acordo dende setembro de 2016, para realizar esta obra dentro do Plan concellos 2.017. O acordo foi aprobado por UNANIMIDADE, polo que o PSOE incumpre o seu propio acordo.

O BNG lembra que a moción é froito da petición de veciños e veciñas que levan anos solicitando que se lle busque unha solución aos problemas de humidades e augas nos baixos debido a unha rúa estragada ao longo dos anos.

“Esta xente leva anos reclamando o que é xusto, unha rúa decente. O goberno do PSOE, desprézaos atrasando a mellora da rúa S Caetano. O PSOE sabía en setembro deste acordo, non teñen desculpas, a obra tiña que facerse este ano, si ou si. Agora que o alcalde vaia a praza de S Caetano e llo explique á veciñanza”, comentou Ángel Baz, protavoz municipal do BNG.

Unha vez máis o PSOE amosa o desprezo que ten polos acordos aos que chega e polos propios veciños e veciñas.

O BNG vai estar vixiante para que esta obra se realice dado que é un acordo plenario, e sobre todo, porque é unha necesidade para o barrio.

BNG acusa ao Alcalde da Guarda de discriminar á veciñanza da rúa S Caetano