"Galeguiza o teu nome, restaura o teu apelido"

Sabela , militante do BNG no Rosal, Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda, Xosé Martínez Tato, concelleiro do BNG en Tui, e Xosé Anxo , militante de Tomiño
Sabela , militante do BNG no Rosal, Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda, Xosé Martínez Tato, concelleiro do BNG en Tui, e Xosé Anxo , militante de Tomiño

"Termos os nomes e apelidos na nosa lingua, non só reflicte de onde somos senón tamén o que somos, galegas e galegos cunha historia e  unha traxectoria cultural de centos de anos"

"Galeguiza o teu nome, restaura o teu apelido"

Ante a celebración do 17 de  maio, Día das Letras Galegas, o BNG inicia a campaña de galeguización dos nomes e restitución dos apelidos. 

Militantes e concelleiros  do BNG no Baixo Miño veñen de participar na campaña  para galeguizar o  nome e apelido. O portavoz municipal  do BNG na Guarda, Anxo Baz  animou á veciñanza a facer un esforzo para acabar coas alteracións sobre os apelidos e nomes galegos.

 A  campaña do BNG busca  a recuperación dalgunhas das nosas señas de identidade deturpadas como os nomes propios e apelidos. 

Xosé Martínez "Tato", concelleiro do BNG en Tui  remarcou que a campaña nacionalista , libre e voluntaria non impón nada nin obriga a ninguén, só pretende que impere a cordialidade e o sentido común. Tato lembrou que durante o período franquista resultaba impensable inscribir os nomes en galego , pero na actualidade, os trámites son moi doados. 

Para galeguizar  o nome e apelidos só é preciso solicitar unha partida de nacemento e mudar o nome  no rexistro civil onde figuramos inscritas. O BNG pon a disposición de todas as persoas interesadas  a información sobre os trámites necesarios para galeguizar o nome e apelido a través da web bng.gal. 

Por outra banda, o BNG no Baixo Miño , fai un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca a secundar a mobilización convocada pola plataforma " Queremos Galego" o dia 17 de maio, ás 12 horas desde a alameda de Compostela. Sairán autobuses desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, cómpre resevar praza no: 616090632/986610465 (tarifa:5€/persoa, agás desempregad@s de balde). 


A manifestación de "Queremos Galego", será un acto festivo e reivindicativo a favor da lingua galega. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa da nosa lingua porque o galego é  o elemento que nos une