Acto público do BNG en Oia sobre o futuro do monte galego

acto monte en oia
acto monte en oia

"O acto será aberto e terá lugar o sábado  24 de marzo  na Casa da Cultura de Sta. María de Oia  ás 18:30 horas"

Acto público do BNG en Oia sobre o futuro do monte galego

O BNG  organiza en Oia para este sábado  24  de marzo , ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Oia, un acto público informativo e de debate sobre o monte galego. Baixo o lema “O futuro do monte galego”, o BNG pretende reflexionar sobre a riqueza e as posibilidades que xera e ofrece o noso monte. 

Para o BNG as posibilidades e a riqueza que aporte no futuro o noso monte vai depender de que se faga un uso ordenado e racional, se aproveite integralmente e se xestione con participación e transparencia para vincularnos a todas e todos na súa conservación e defensa. 

Falaremos da importancia  da  preservación e do aproveitamento do monte galego que vai máis aló dos lumes,  apostando por un monte multifuncional que sexa fonte de riqueza e que, lonxe de ser unha ameaza polo seu estado de abandono e polo seu nivel de eucaliptización, sexa unha liberación e un estimulo económico, social e ambiental, sendo parte da solución ao abandono do rural que ten que desenvolverse de xeito harmónico e integral. 

 Así pois contaremos coas intervencións da responsábel local do BNG en Oia, Paula Soto, Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes, e, Xosé Luis Rivas "Mini", deputado do BNG no Parlamento Galego

Acto público do BNG en Oia sobre o futuro do monte galego