Acto público do BNG en Oia para as Eleccións Xerais

Mitin Oia
Mitin Oia
Acto público do BNG en Oia para as Eleccións Xerais

O martes 23 de abril, ás 20.30 h, o BNG organiza na Casa de Cultura de Oia o mitin central con motivo das vindeiras Eleccións Xerais.

O acto, que será presentado pola vicerresponsábel local do BNG en Oia Marisa Guerra, contará coas intervencións de Xosé A. Rodríguez “Xuster”, candidato á Alcaldía de Oia, de André Vidal,  cabeza de lista ao Senado por Pontevedra e por Xesús López, candidato número 2 ao Congreso.

Convencidas de que arranca unha campaña electoral que é decisiva para Galiza, a militancia e simpatizantes do BNG de Oia convidan a poboación de Oia e a toda persoa interesada para que acuda a este mitin que tamén vai contar coa intervención musical de Alfonso Álvarez Cáccamo.