“DENDE O BNG APOSTAMOS POR INICIATIVAS A PROL DA RECICLAXE FRONTE A OUTROS MODELOS COMO A INCINERACIÓN”

O BNG presenta moción para adhesión da Guarda ao Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación

Grupo municipal do BNG
Grupo municipal do BNG

 O BNG considera unha boa oportunidade para a Guarda de poñer en marcha un programa de compostaxe como modelo de xestión

O BNG presenta moción para adhesión da Guarda ao Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación

O BNG presenta unha moción para a adhesión do concello da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, como un novo xeito de xestionar o lixo.

Dende a chegada do BNG á Deputación de Pontevedra este foi un dos eixos sobre os que pivota a nova forma de gobernar nos que se queren implicar aos concellos nunha xestión sustentábel e máis respectuosa co medio ambiente.

Xa na discusión da ordenanza do lixo puxemos de manifesto a falta de medidas para apoiar a compostaxe. A compostaxe axudaría a rebaixar a factura do lixo con SOGAMA e, ao mesmo tempo, melloramos o noso medio ambiente”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG sinala que as liñas de axuda da segunda fase do programa provincial para este ano, ascenden a 1.250.000 €, dos que se poderían beneficiar os guardeses e guardesas coa adhesión a este plan.

Dende o BNG considérase unha boa oportunidade para a Guarda de poñer en marcha un programa de compostaxe como modelo de xestión que supón un aforro para as arcas municipais , dada a redución de volume de lixo que se envía a SOGAMA.