“O BNG LÉMBRALLE AO ALCALDE DA GUARDA QUE DEBE CUMPRIR COA LEI DE MEMORIA HISTÓRICA E RETIRAR TODOS OS SÍMBOLOS FRANQUISTAS DOS EDIFICIOS PÚBLICOS”

O BNG insta ao goberno do PSOE a retirar toda a simboloxía fascista na Guarda

Placa na Praza de Abastos da Guarda
Placa na Praza de Abastos da Guarda
O BNG insta ao goberno do PSOE a retirar toda a simboloxía fascista na Guarda

O Bloque Nacionalista Galego insta ao grupo de goberno do PSOE a que dunha vez por todas a que faga cumprimento da Lei de memoria historia e do acordo plenario para a retirada de toda a simboloxía franquista que hai en diferentes edificios públicos do concello.

Dende o BNG lémbraselle ao goberno do PSOE a existencia de placas conmemorativas na fachada do concello na rúa San Marcos, na praza de abastos, na fonte dos Chanfreiros en San Caetano ou nas casas baratas en Fedorento.

O Concello, como institución pública, debe cumprir a lei e ser un exemplo para todos os guardeses e guardesas facendo eliminar os símbolos dunha das etapas máis negras da historia, afirmou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Desde o Bloque Nacionalista Galego consideran lamentábel que o Alcalde, Antonio Lomba, e o seu goberno non cumpran coa lei tal e como logo se lle esixe aos veciños e veciñas da Guarda.

O BNG anima aos guardeses e guardesas a informar no concello sobre placas e inscricións con simboloxía franquista en diferentes edificios públicos para a súa eliminación, así mesmo animamos a eliminar aquelas que aínda poidan existir nos exteriores de edificios privados.

Aquí tedes algúns exemplos que nos atopamos na Guarda:

 

Placa nas casas baratas de FedorentoPlaca na Fonte dos Chanfreiros en S CaetanoPlaca no concello na rúa S Marcos

 

O BNG insta ao goberno do PSOE a retirar toda a simboloxía fascista na Guarda